Primeiro Equipo

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de marzo

RC Celta

Este mércores entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de marzo, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O gardameta celeste obtivo o 75% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Stanislav Lobotka cun 15% dos votos e de David Costas cun 10%.

O canteirán do RC Celta, que recibiu o premio de mans de Nadia e Rizo Fernadas, xerentes de Terraza Camaleón (Samil), mostrou a súa satisfacción ao recoller o seu segundo galardón Estrella Galicia da presente tempada e agradeceu o apoio dos afeccionados. “Quero darlle as grazas polos seus votos e a Estrella Galicia por facer posible este galardón”, apuntou o porteiro. Tamén estivo presente Iván Sánchez en representación da delegación de Estrella Galicia en Pontevedra

De cara ao vital partido ante Girona do próximo sábado, Rubén Blanco destacou a importancia do mesmo para escalar posicións na clasificación e afastarse dos postos de descenso. “É unha final para nós e queremos sumar o tres puntos”, asegurou.

Ademais, puxo en valor o papel da afección en cada encontro en ABANCA Balaídos, elemento chave nas últimas vitorias ante Villarreal e Real Sociedad. “Remontar un partido non é sinxelo e sen a súa axuda non sería posible. Nos peores momentos sempre estiveron connosco”, comentou o gardameta

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas