Hemeroteca canteira

Rubén, Jonny, Costas e Mina superan o penúltimo corte de Fútbol Draft

RC Celta

fd15.jpg

En maio daranse a coñecer os 33 xogadores que compoñen os onces de Oro, Prata e Bronce

 

Os canteiráns celestes e xogadores do primeiro equipo vigués Rubén Blanco, Jonny Castro, David Costas e Santi Mina superaron o penúltimo corte do Fútbol Draft 2015, os premios da canteira española que cada ano premian ás mellores promesas do fútbol basee nacional. O Celta mantén unha importante presenza nestes galardóns e ten grandes opcións de que o seu catro representantes, de entre os 55 seleccionados, formen parte dos 33 futbolistas que comporán os onces de Ouro, Prata ou Bronce e que se darán a coñecer no próximo mes de maio.

 

A tempada pasada o porteiro Rubén Blanco foi incluído no ‘Once de Bronce’, o dianteiro Santi Mina no ‘Once de Prata’ e os defensas Jonny e David Costas no ‘Once de Ouro’. Ademais, o Real Club Celta recibiu o ‘Premio Especial de Apoio á Canteira’ co que se recoñeceu o traballo do club vigués para potenciar e desenvolver o fútbol base.

 

Lista dos 55 seleccionados

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas