Hemeroteca canteira

Santi Mina estréase como goleador coa Selección Española

RC Celta

O combinado nacional Sub-18, campión do Torneo Copa do Atlántico ao derrotar a Portugal no último choque

 

O xogador do Real Club Celta Santi Mina estreouse esta noite como goleador coa Selección Española, que se proclamou campioa do XXXVIII Torneo Copa do Atlántico. O canteirán celeste entrou ao bordo do cuarto de hora (12´) da segunda metade do decisivo partido ante Portugal e cinco minutos despois, aos 17, anotou o primeiro gol do encontro, que acabou con vitoria de España por dous goles a un.

 

Santi Mina debutaba coa Selección Española neste torneo, que se disputou en Gran Canaria coa participación de España, Portugal, México e Canarias. O combinado español empatou no primeiro encontro con México nun choque no que o dianteiro céltico disputou o últimos vinte minutos de xogo.

 

No seguinte encontro, España derrotou por un gol a cero a Canarias, con Santi Mina no once titular e 90 minutos de xogo. No decisivo choque ante Portugal, o canteirán tivo un gran protagonismo ao marcar o primeiro gol do choque cinco minutos despois da súa entrada ao campo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas