SC Braga-RC Celta: listaxe de convocados

O adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, convocou a veintidous xogadores para o amigable deste venres ante o SC Braga (20:30 hora local, Municipal de Braga), entre eles os futbolistas do filial Apeh, Ros e Dennis.

A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Araujo, Mazán, Costas, Roncaglia, Cabral, Hugo Mallo, Juncà, Kevin, Okay, Lobotka, Borja Fdez., Jozabed, Juan Hdez., Brais, Emre Mor, Beauvue, Hjulsager, Apeh, Ros, Dennis.

Son baixas por lesión Rubén Blanco e Boufal. Non entran na listaxe Fontàs, os recén chegados Iago Aspas, Pione Sisto e Radoja; nin tampouco Maxi Gómez, quen se incorpora á pretempada celeste a vindeira semana.