Segue a actuación do Cadete B no LFP Aspire Challenge a través de ‘La Liga TV’

lfp_aspire_challenge_logo.jpg

A plataforma online da LFP emitirá en directo o torneo que se disputa en Qatar do 12 ao 16 de abril

 

A primeira edición da LFP Aspire Challenge Sub-15 arranca este domingo na cidade catarí de Doha. Este torneo, organizado pola LFP, a Aspire Academy e a Federación de Fútbol de Qatar, conta coa participación do Celta Cadete B, un dos dez equipos españois seleccionados xunto a dous conxuntos do propio país árabe.

 

Os celestes debutarán na competición este domingo ás 15:00 (hora española) ante o Sevilla FC, un partido que os afeccionados poderán seguir en directo a través de ‘La Liga TV’ (www.lfp.es/laligatv), ao igual que o resto de encontros.

 

horario_qatar.jpg

Leave a Reply

11 + 9 =