Seis internacionais celestes concéntranse coas súas seleccións

A Data FIFA de novembro chega con compromisos internacionais para seis xogadores do RC Celta. Iago Aspas con España, Lobotka con Eslovaquia e Maxi Gómez con Uruguai afrontan dous amigables cada un co Mundial de Rusia xa no punto de mira. Á cita mundialista aspiran os nórdicos Pione Sisto e John Guidetti. Dinamarca e Suecia buscarán na repesca a clasificación á Copa do Mundo.

En categoría Sub-21, o porteiro canteirán Iván Villar foi convocado por España de face a dous partidos clasificatorios ao Europeo. En canto ao internacional turco Emre Mor, a súa lesión de nocello impediulle unirse coa súa selección, que afronta dous encontros amigables.

Iago Aspas (España)

España-Costa Rica (11.11.17, Málaga, AMIGABLE)

Rusia-España (14.11.17, San Petersburgo, AMIGABLE)

Lobotka (Eslovaquia)

Ucrania-Eslovaquia (10.11.17, Lviv, AMIGABLE)

Eslovaquia-Noruega (14.11.17, Trnava, AMIGABLE)

Maxi Gómez (Uruguai)

Polonia-Uruguay (10.11.17, Gdansk, AMIGABLE)

Austria-Uruguay (14.11.17, Viena, AMIGABLE)

Sisto (Dinamarca)

Dinamarca-Irlanda (11.11.17, Copenhague, REPESCA MUNDIAL)

Irlanda-Dinamarca (14.11.17, Dublín, REPESCA MUNDIAL)

Guidetti (Suecia)

Suecia-Italia (10.11.17, Solna, REPESCA MUNDIAL)

Italia-Suecia (13.11.17, Milán, REPESCA MUNDIAL)

Iván Villar (España Sub-21)

España-Islandia (9.11.17, Murcia, CLASIF. EUROPEO)

España-Eslovaquia (14.11.17, Cartagena, CLASIF. EUROPEO)