Seis xogadores do filial desvincúlanse do RC Celta

Emmanuel Apeh, Aarón Rey, Robert Costa, Álex Serrano, Víctor Pastrana e Rai Marchán non continuarán no RC Celta B a próxima tempada tras desvincularse do club. Ademais, Adrián Mancebo e Pablo Vázquez finalizan a súa cesión no conxunto celeste. O ata agora capitán do filial, Diego Alende, tampouco continuará no club, tal e como se anunciou o pasado mes de xuño.

Aarón Rey incorporouse ao Xuvenil A en 2016 e un ano despois subiu ao RC Celta B. Tamén en 2016 chegou ao club Robert Costa, mentres que Rai Marchán e Pastrana asinaron polo filial en 2017. Pola súa banda, Emmanuel Apeh, clave no último playout de Segunda División B, e Álex Serrano chegaron ao Celta B o pasado ano.

O Real Club Celta desexa expresar o seu sincero agradecemento a todos eles pola súa actitude, dedicación, entrega e compromiso así como desexarlles o maior dos éxitos nas súas novas etapas profesionais