Seiscentas vitorias en Primeira División

O RC Celta alcanzou a súa vitoria número seiscentos en Primeira División tras 1.737 partidos na categoría de ouro do fútbol español. O triunfo por 1-2 no Ciutat de València ante o Levante, con goles de Pione Sisto e Maxi Gómez, permitiu aos celestes alcanzar esta cifra redonda.

Actualmente o RC Celta é o undécimo club con máis vitorias en Primeira División, por detrás de Real Madrid, FC Barcelona, Atlético, Athletic, Valencia, Sevilla, Espanyol, Real Sociedade, Zaragoza e Betis.