Primeiro Equipo

Sergi Gómez, celeste ata 2019

RC Celta

sergirenov2.jpg

 

O Real Club Celta continúa perfilando o seu proxecto deportivo de cara á histórica tempada 2016/17. O defensa central Sergi Gómez renovou este luns o seu compromiso co club vigués e será xogador celeste ata o ano 2019.

 

Gómez chegou ao RC Celta aos 22 anos, na tempada 2014/15. Desde entón pasou de ser unha nova promesa a un xogador consolidado que na última tempada ofreceu un rendemento sobresaliente no eixo da zaga céltica. Tras dous anos no club vigués, Gómez acumula 63 partidos entre Liga e Copa do Rei.

 

O central celeste selou a renovación do seu contrato esta tarde na sede social do Celta xunto ao presidente Carlos Mouriño.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas