Sergi Gómez e Lobotka ‘estrean’ os calendarios celestes de Coca-Cola

Sergi Gómez e Lobotka acudiron este venres ao Carrefour do CC Gran Vía de Vigo para, da man de Coca-Cola, atoparse cos afeccionados. Os xogadores celestes ilusionaron aos celtistas que pasaron polo hipermercado e aos que entregaron o novo calendario celeste de Coca-Cola, con imaxes de todos os xogadores do RC Celta, e que moi pronto poderán atoparse en establecementos de restauración e alimentación de toda Galicia.