Sergi Gómez recupérase para a visita ao Camp Nou

Sergi Gómez xa ten a alta médica. Recuperado ao cen por cen dunha elongación do sóleo da perna esquerda, o central celeste adestrou co resto do grupo sen limitacións e forma parte da convocatoria de 18 xogadores para o partido de Liga ante o FC Barcelona no Camp Nou.