Sergi Gómez será baixa unhas dúas ou tres semanas

Sergi Gómez será baixa por lesión unhas dúas ou tres semanas. O central celeste sufriu unha luxación escapulohumeral no hombreiro dereito durante o partido de Liga ante o FC Barcelona. A resonancia magnética realizada ao futbolista non revelou maiores complicacións na lesión.