Sergi Gómez volve adestrar co grupo

Sergi Gómez avanza na súa recuperación. O central celeste sufriu unha luxación escapulohumeral no ombreiro dereito no partido de Liga no Camp Nou e, aínda que podería ter que pasar por quirófano a final de tempada, a súa evolución foi moi positiva e este xoves comezou a adestrar de novo co grupo con vistas a recibir a alta médica proximamente.