Sergio Álvarez, ‘fillo predilecto’ de Catoira

O Concello de Catoira, localidade natal de Sergio Álvarez, nomeou ‘fillo predilecto’ ao porteiro celeste. A corporación municipal acordou a decisión por unanimidade destacando «as súas cualidades e méritos persoais como deportista exemplar, que con orgullo contribúe a que o nome do municipio de Catoira sexa coñecido en todo o continente europeo, así como o seu defensa de a normalización do uso do noso idioma galego».

O ‘Gato de Catoira’ recibirá esta distinción honorífica o vindeiro sábado 26 de maio ás 11:00 horas no Auditorio Municipal de Catoira.