Sergio Álvarez responde as preguntas do celtismo en Ourense

Sergio Álvarez, porteiro do RC Celta, visitará o Centro Comercial Ponte Vella de Ourense este xoves 26 de maio entre as 18:30 e as 20:00 para responder as preguntas de todos os celtistas que acudan ao evento. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de conseguir o autógrafo do ‘gato de Catoira’.

A Fundación Celta instalou un expositor no Centro Comercial Ponte Vella co obxectivo de dar a coñecer o seu labor e animar aos afeccionados do RC Celta en Ourense a converterse en socios colaboradores.