Sergio Álvarez sofre unha rotura fibrilar no recto anterior da súa perna dereita

O porteiro do RC Celta Sergio Álvarez sofre unha rotura fibrilar de grao I no recto anterior da súa coxa dereita segundo revelan as probas realizas polos servizos médicos do club. O futbolista xa se atopa baixo tratamento. Doutra banda, Okay Yokuslu, Hugo Mallo e Rubén Branco continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.