Sergio recolleu o premio “Xogador Estrella Galicia de Abril”

sergioxogadoregabril.jpg

Sergio Álvarez recibiu este venres o premio ‘Xogador Estrela Galicia’ ao mellor xogador céltico de Abril. Esta edición do galardón estivo moi rifada. Sergio obtivo o 47% dos votos da afección, seguido moi de preto por Sisto co 45%. Gustavo Cabral, terceiro candidato a recibir o galardón, obtivo o 8% dos sufraxios emitios en Twitter e Facebook.

A entrega do premio tivo lugar esta mañá na cafetaría viguesa A Sevilla, onde Sergio manifestou o seu agradecemento polo agarimo e apoio da afección: “O sentimento de orgullo que poidan ter polos xogadores, é o mesmo que sentimos nós por eles”, declarou o cérbero.

Leave a Reply

9 + 5 =