Sisto, Lobotka, Aspas e Mor xa adestran na Madroa

Iago Aspas, Stanislav Lobotka e Emre Mor reincorporáronse este mércores aos adestramentos na Madroa co resto do grupo tras completar os seus compromisos de seleccións, mentres que Pione Sisto fíxoo onte. Nos próximos días regresará o resto de internacionais célticos, entre os que se atopan Guidetti, Tucu, Maxi e Iván.