Sisto, no once ideal de LaLiga

LaLiga Fantasy, o xogo oficial da Liga que cada xornada elixe aos mellores xogadores en función do seu rendemento, incluiu ao atacante celeste Pione Sisto no 11 Ideal da Xornada 3.

O danés, asistente no gol da vitoria ante o Alavés, forma nesta aliñación xunto a Paúl (Levante), Ñúñez (Athletic), Piqué (Barcelona), Alba (Barcelona), Rakitic (Barcelona) Illarramendi (Real Sociedad), Viera (Las Palmas), Nolito (Sevilla), Williams (Athletic) e Messi (Barcelona).