Primeiro Equipo

Sisto preséntase este venres ás 20:30 en Balaídos

RC Celta

benvidosistoweb.jpg

 

Balaídos acollerá este venres ás 20:30 horas a presentación do até agora última fichaxe do Celta para a nova tempada: Pione Sisto. O internacional danés, que estes días traballa co resto do equipo en Italia, vivirá a súa posta de longo como futbolista celeste no estadio vigués e ante o celtismo. O club anima a todos os afeccionados a acudir a Balaídos para dar unha cálida benvida a Sisto, quen como é habitual achegarase á bancada ao termo do acto para asinar autógrafos e facerse fotografías cos asistentes.

 

Os afeccionados poderán presenciar a primeira rolda de prensa do futbolista, a tradicional sesión de fotos e conseguir algún dos balóns autografiados que lanzará á bancada. Ademais, unha pantalla xigante mostrará as mellores xogadas do atacante danés. A afección poderá acceder á presentación pola porta 18 de Río.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas