Soberbio partido do Celta B ante o Tenerife de Segunda División (0-0)

O Celta B de Rubén Albés asinou un excelente partido ante o CD Tenerife. Os celestes disputaron ante o conxunto insular o Trofeo Teide, que finalizou con empate sen goles e decantouse a favor do cadro local nos penaltis. O filial céltico xogou de ti a ti ante un rival de Segunda División e puxo a probas en numerosas ocasións ao porteiro rival, moi acertado. O Celta B continúa coas boas sensacións nesta pretemporada, que continúa cun novo amigable este mércores ás 18:00 contra o Céltiga na Illa de Arousa.

FICHA TÉCNICA

0 (5)-TENERIFE: Dani Hernández; Luis Pérez, Lucas Aveldaño, Carlos Ruiz, Camille; Suso, Undabarrena, Luis Milla, José Naranjo, Bryan Acosta; Malbasic. Tamén xogaron: Alberto, Montañés, Joao, Jorge, Borja, Nano, Raúl Cámara, Nahuel, Faridi.

0 (4)-CELTA B: Jero; Riki, Alende, Ros, Rai, Jacobo, Solís, Molina, Apeh, Iban, Vega. Tamén xogaron: Manu, Alex, Vega, Pastrana, Aarón.

Árbitro: dirixido polo colexiado Yapci Acosta Pérez. Asistido por Javier Sosa Mesa e Jesús González Pascolo. Cuarto árbitro: Carlos Díaz García. Amonestou ao visitante Iban Salvador.

Goles: sen goles. Penaltis: Molina (0-1), Luis Milla (1-1), Alex (1-2), Jorge (2-2), Ibán Salvador (2-3), Alberto (parado, 2-3), Pastrana (2-4), Borja (3-4), Manu (parado, 3-4), Nano (4-4), Riki (fallado, 4-4), Aveldaño (5-4).

Observaciones: Estadio Municipal de Los Cuartos, en La Orotava, ante 1.500 espectadores.