Sofiane Boufal: calidade, regate e polivalencia para o ataque celeste

O RC Celta pechou a contratación do internacional marroquí Sofiane Boufal, xogador de 24 anos de idade que chega a Vigo procedente do Southampton inglés. Trátase dun futbolista de contrastada calidade, cun gran caneo e capacidade para desenvolverse con soltura tanto nas bandas como noutras posicións ofensivas. Unha vez supere o recoñecemento médico, Boufal incorporarase ao RC Celta cedido unha tempada con opción de compra.

Sofiane Boufal (París, 1993) formouse nas categorías inferiores do Angers e alcanzou o primeiro equipo do club francés, co que xogou na segunda división gala. En 2014 deu o salto a Líguea 1 da man do Lille, equipo co que acumulou un total de 51 partidos disputados entre liga e copa ao longo de dúas campañas. No verán de 2016 emigrou á Premier League inglesa, onde creceu como futbolista no Southampton. Co club inglés xogou 59 partidos, incluídos 2 de Europa League. Internacional con Marrocos, participou en 6 partidos co combinado nacional marroquí.

Boufal convértese na cuarta fichaxe do RC Celta para a tempada 2018/2019 tras a contratación do lateral zurdo David Juncá, o central Néstor Araujo e o centrocampista Okay Yokuslu. O novo futbolista celeste será presentado oficialmente ao longo da próxima semana.