Primeiro Equipo

Solvente e merecida vitoria ante o Getafe dun gran Celta

RC Celta

celta-getafe

Augusto e Park, goleadores do equipo vigués (2-0). Gran actuación de Krohn-Dehli

 

A primeira chegada celeste foi aos 2 minutos tras unha gran internada de Iago Aspas que Mario Bermejo non puido rematar. Krohn Dehli lanzou desviado desde a frontal pouco despois nun novo ataque do cadro local, que se medía a un rival serio e ordenado, que presionaba con eficacia e saía ben á contra.

O pau evitou aos 11 minutos o primeiro tanto celeste. Iago aspas rematou coa dereita , tocou Moyá e o coiro estrelouse contra a madeira. O rexeite non acabou na bota dun celeste de maneira incrible. Os vigueses, aínda sen ter o mando claro do choque, estaban a xerar boas ocasións nos primeiros minutos do encontro.

O Getafe, ben no plano defensivo, asomábase con timidez e apenas inquietaba á zaga celeste, pero si dificultaba as combinacións dos célticos, abocados a armarse de paciencia para atopar espazos. Pasada a media hora de xogo, o Celta mandaba no choque, co Xetafe moi á expectativa. Aos 33 minuls bo roubo d Krohn-Dehli, boa combinación e remate de Mario Bemejo desviado por Lopo que a punto está de acabar na rede.

Javi Varas salvou ben un man a man con Álvaro aos 45 minutos nunha das escasas aproximacións do Getafe, metido no seu campo boa parte do choque. Aos 41 minutos gran contra de Augusto e remate do Krohn-Dehli que roza a escuadra. E no último minuto, gran xogada do danés, centro e remate elevado de Bermejo na liña de gol. O Celta podía haberse ido ao  descanso cunha cómoda vantaxe.

Tras a continuación, os celestes tardaron uns minutos en retomar o mando do partido. Pasados o primeiros cinco minutos, o conxunto local comezou a encadear chegadas. Faltaba un chisco de precisión nos metros finais.

Aos 11 minutos contra demoledora do Celta. Xogada maxistral de Krohn-Dehli, pase perfecto cara a Augusto e remate certeiro do arxentino. Non houbo tempo para celebrar. Dous minutos despois, chegada do Getafe e gol de Barrada. Empate, inxusto, pero aí estaba.

Xerro de auga fría para o conxunto vigués, claro dominador e merecedor dunha vantaxe que lle durou un suspiro. Augusto estivo a piques de anotar aos 19 minutos tras un bo pase de Bermejo, pero chegou moi forzado e o coiro saíu desviado. Nova ocasión desperdiciada.

E aos 23 minutos, novo pase maxistral do internacional danés e remate a gol de Park, quen converteu o seu primeiro tanto co Celta no primeiro balón que tocou neste encontro.

O Getafe deu un paso adiante, cun par de cambios para refrescar o seu ataque e deixou espazos para que contragolpeasen os celestes, que volveron dispor de ocasións para sentenciar o choque. Os célticos merecían a vitoria por xogo, decisión e ocasións e trataron de mantela, de frear ao Getafe e sentenciar á contra. Park tívoa aos 41 minutos, pero o seu remate saíu rozando o pau.  

 

FICHA TÉCNICA

2-R,C.Celta: Javi Varas, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Rioberto lago, Oubiña, Álex López (Toni, min.83), Augusto, Mario Bermejo (Park, min.65), Krohn-Dehli e Iago Aspas (Natxo Insa, min.81)

1-Getafe F.C: Moyá, Miguel Torres, Alexis, Lopo, Valera, Diego Castro, Xavi Torres, Barrada, Pedro León (Alcácer, min.73). Michel (Lacen, min.46) e Álvaro (Colunga, min.64)

Goles: 1-0, min.56: Augusto; 1-1, min.58: Barrada; 2-1, min.68: Park

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Expulsou con vermella directa a Alexis (min.92) e amoestou a Roberto lago, Park, Lopo, Míchel, Alexis

Campo: Balaídos, 17.315 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria dos integrantes do grupo A Roda Adolfo Domínguez, Fito, e Fío Dourado, Fío, recentemente falecidos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas