Sorte dispar para as selección de Jensen, Araujo e Maxi Gómez

Sorte dispar para as seleccións de Dinamarca Sub-21 e a absoluta de México. O combinado danés, a pesar de vencer a Serbia (2-0) e finalizar a fase de grupos como segundo do Grupo B, quedou eliminado da Eurocopa Sub-21 ao clasificarse unicamente o primeiro (Alemaña). Mathias Jensen non participou no último encontro de Dinamarca, sancionado tras recibir amarela nos dous primeiros partidos do torneo.

Por outra banda, México logrou a clasificación aos cuartos de final de Cópaa Ouro 2019. O central celeste Néstor Araujó descansou no partido ante Martinica, que o conxunto mexicano afrontaba xa clasificada para a seguinte fase. O conxunto adestrado polo Tata Martino sufriu para superar ao departamento francés (2-3).

Quen si tivo minutos foi Sofiane Boufal, que participou no últimos trinta e tres minutos do primeiro partido de Marrocos na Copa África. A selección marroquí venceu pola mínima a Namibia (1-0). Esta madrugada será a quenda da Uruguai de Maxi Gómez, que se enfronta a Chile no partido decisivo da fase de grupos. Ambas as seleccións están xa clasificadas para os cuartos de final, pero está en xogo a primeira posición do Grupo C.