Sorteo da Copa de Campións Xuvenil: o CD Tenerife, primeiro rival do RC Celta

O Salón Regio da Sede acolleu este martes o sorteo da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil na que o RC Celta será organizador tras conseguir o título de campión no Grupo I do Campionato de Liga desta categoría.

Este prestixioso torneo, que contará cos mellores talentos da categoría de todo o panorama nacional, celebrarase entre os días 6 e 11 de maio nas instalacións deportivas da Madroa e o Estadio de ABANCA Balaídos.

Xunto ao RC Celta estarán presentes Numancia, Zaragoza, Sevilla, Atlético de Madrid, Real Madrid, como mellor segundo, Tenerife e Villarreal.

Os emparellamentos serán os seguintes:

Cuartos de final

1)      CD Tenerife vs RC Celta – A Madroa, 6/5/2019 ás 10.00 horas

2)      Atlético de Madrid vs Real Zaragoza – A Madroa, 6/5/2019 ás 12.30 horas

3)      Villarreal CF vs CD Numancia – A Madroa, 6/5/2019 ás 16.00 horas

4)      Real Madrid vs Sevila FC – A Madroa, 6/5/2019 ás 18.30 horas

 

Semifinais

1)      Gañador Cuartos de Final 1 vs Gañador Cuartos de Final 2 – ABANCA Balaídos 8/5/2019 ás 12.00 horas

2)      Gañador Cuartos de Final 3 vs Gañador Cuartos de Final 4 – ABANCA Balaídos 8/5/2019 ás 17.00 horas

 

Final

3)      Gañador Semifinal 1 vs Gañador Semifinal 2 – ABANCA Balaídos 11/5/2019 ás 17.00 horas

Doutra banda, o RC Celta quedou emparellado co CD Numancia nos 1/8 de final da Copa de SM o Rei Xuvenil. O encontro de ida disputarase o 19 de maio en Vigo e a volta o 26 de maio en Soria.