aslkmfadsk.jpg
Celtismo

Sorteos e pantallas xigantes na Sede para que a afección vexa o partido ante o Athletic Club

RC Celta

O RC Celta afronta este domingo en Bilbao un partido crucial para conseguir o obxectivo da permanencia. Para que a afección poida ver unida o partido ante o conxunto vasco, A Sede abrirá as súas portas con varias pantallas xigantes nas que se proxectará o encontro. Os afeccionados poderán seguir o partido tanto no Salón Regio como no espazo de restauración Gambeta-El Trigal, situado na planta baixa do inmoble.

Todos aqueles celtistas que sigan o partido desde A Sede obterán unha papeleta para participar no sorteo de catro camisetas oficiais da presente tempada asinadas polo primeiro plantel. Ademáis, para este encontro Gambeta-El Trigal ofrecerá unha promoción especial de bebida (cervexa, auga ou refresco) + petisco por dous euros. Con cada consumición tamén se entregará unha papeleta para participar no sorteo dos equipamentos, que se celebrará ao termo do encontro. Cada afeccionado poderá levar un máximo dunha camiseta, que recibirá nos días posteriores.

A entrada será libre até completar aforamento e os asistentes poderán acceder ao Salón Regio partir das 18:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas