STAGES/ESTANCIAS

Os nosos programas de  Stages cobren tanto os aspectos tácticos, como técnicos, físicos, mentais e sociais do fútbol, facendo que os mozos poidan desenvolverse e crecer ao seu propio ritmo collendo a confianza necesaria.

Os adestradores e especialistas dos nosos equipos de categorías inferiores están considerados como uns dos mellores na industria. Para facilitar un desenvolvemento deportivo total, ofrecemos a realización de adestramentos nas diferentes disciplinas (técnica, táctica, forza, acondicionamento, nutrición, visión, liderado, etc…).

Exemplo de sesión de adestramento

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
CONTIDO PASE CONTROL DO BALÓN CONDUCCIÓN DISPAROS COMPETICIÓN
CHARLA NUTRICIÓN HIDRATACIÓN DESCANSO TEMPO DE ESTUDO COMUNICACIÓN
PARTE FINAL DUELOS DUELOS DUELOS DUELOS COMPETICIÓN

 

As sesións de adestramento están distribuídas en 5 días á semana, cunha duración de 3 horas por sesión, sempre empezando polo contido descrito a continuación:

10:00-10:40 h àTarefas analíticas, centrándonos na execución.

10:45-11:25 h àTarefas técnico-tácticas.

11:25-11:45 h àDescanso para hidratación e snack.

11:45-12:15 h àDuelos + finalización.

12:15-13:00 h àCompetición.

O venres céntrase na competición, a través de multideporte ( futvoley, béisbol, fútbol reducido…).

Adestramentos personalizados

Desenvólvense habilidades técnicas e tácticas en adestramentos individualizados (ou grupos reducidos). A metodoloxía  RC Celta está deseñada para mellorar o rol e posición no campo.

Este programa está tamén adaptado para xogadores que veñen dunha lesión e desexan ter unha recuperación adecuada.

Os adestramentos personalizados están destinados para xogadores e porteiros que queiran mellorar as súas habilidades individuais.

A dispoñibilidade dos adestramentos é de Luns a Venres durante as mañá.

Consideracións a ter en conta

  • Polo mero feito de contratar o noso Programa de adestramento, recibirás un kit de adestramento do Celta.
  • Os 3 xogadores con maior nivel poderán estar connosco unha semana máis adestrando cos nosos equipos da canteira, sen custo algún.
  • Están incluídos os seguros de accidentes e enfermidade para todas as sesións de adestramento.
  • Certificado de adestramento RC Celta; recibirás o teu certificado oficial despois de completar o teu Programa de Adestramento.

 

Se desexa recibir mais información ou solicitar un presuposto, pode contactar á seguinte dirección:

  • Contacto: Marcos Alonso Rial
  • Número de teléfono: 0034 666 038 464
  • E-mail: malonso@fundacioncelta.com