Hemeroteca canteira

Técnicos do RC Celta impartirán un clinic na cidade estadounidense de Birmingham (Alabama)

RC Celta

Clinic_Alabama2.jpg

 

O Real Club Celta e a súa Fundación chegaron a un importante acordo coa empresa CAVA Soccer Programs de Estados Unidos para a realización dun clinic de tecnificación, a finais do mes de Marzo, na localidade de Birmingham, Alabama. Este acordo inclúe a participación de tres técnicos do club celeste nas formacións destinadas a futbolistas locais que desexen mellorar as súas aptitudes traballando coa metodoloxía empregada nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo.

 

Froito da crecente presenza de equipos das categorías inferiores do RC Celta en torneos internacionais, e da boa imaxe que estes deixan sempre nos seus desprazamentos, a empresa CAVA Soccer Programs, organizadora de varios torneos internacionais, ademais de programas formativos baseados en importantes equipos de países como Italia, Brasil ou México, decidiu contar co apoio do club celeste na realización dun clinic dunha semana de duración entre os días 28 de marzo e 2 de abril. A actividade formativa terá lugar nas instalacións de “Lawson field” en Birmingham e será levada a cabo pola responsable da área de metodoloxía do club, Eduardo Covelo, quen acudirá acompañado de dous preparadores da canteira Celeste.

 

Este novo e apaixonante proxecto, acompañado das escolas sociodeportivas de recente creación, confirman unha vez máis a decidido aposta do club celeste e a súa fundación por fomentar e reforzar a súa imaxe internacional, así como pola divulgación dunha exitosa e recoñecida metodoloxía de traballo, motivo de gran orgullo para o celtismo.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas