Terceiro partido en luns para o RC Celta na visita do Getafe

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 7 do campionato, na que o RC Celta recibe ao Getafe CF. Os celestes mídense ao equipo madrileño o luns 1 de outubro ás 21:00 no estadio ABANCA Balaídos. Gol retransmite o partido en aberto.