Théo Bongonda xogará no Zulte Waregem

O RC Celta e o Zulte Waregem pecharon o traspaso dos dereitos federativos do atacante Théo Bongonda, quen a pasada campaña xogou cedido no Trabzonspor e no equipo belga, ao que agora se incorpora en propiedade.

O club desexa expresar o seu agradecemento a Bongonda pola súa etapa como xogador celeste, así como desexarlle o maior dos éxitos na súa carreira deportiva.