Tià Sastre, calidade e experiencia para o medio campo do filial

tia_sastre.jpg

 

O RC Celta consolida o persoal do seu equipo filial coa incorporación do centrocampista ofensivo Tià Sastre. O futbolista chega procedente do RCD Mallorca e firma co club vigués por 1 tempada con outras 3 opcionais.

 

Sebastià Sastre (1994, Mallorca) é un interior destro con percorrido que se asocia ben tanto no inicio do xogo como en zonas de creación e finalización. Con capacidade para intervir nas dúas áreas, Sastre conta cunha gran experiencia na Segunda División B, adquirida durante a súa etapa co filial do RCD Mallorca e na CE L’Hospitalet. A pasada campaña acumulou 25 partidos xogados co Mallorca B nos que anotou 2 goles.

 

Sastre debutou co primeiro equipo do RCD Mallorca na 2011, en partido de Copa do Rei. Tamén gozou de minutos na Segunda División A e foi internacional coa Selección Española Sub-18.

Leave a Reply

seventeen − sixteen =