Todo o plantel viaxa ao dobre partido ante Real Sociedad e Villarreal

O primeiro plantel ao completo do RC Celta viaxa esta tarde a San Sebastián para o partido de 1/16 de Copa do Rei que xogará o mércores 5 de decembro ante a Real Sociedad en Anoeta. O xoves, a expedición celeste desprazarase cara Castellón para preparar o encontro da xornada 15 de LaLiga ante o Villarreal do 8 de decembro.

ACTUALIZACIÓN: Iván Villar, porteiro de Celta B, incorporouse á expedición celeste.