#TodosABarreiro: convocatoria do filial ante o Racing

todosabarreiro-canteiraceleste.jpg

Convocados 16 xogadores para o partido de mañá no Campo de Barreiro (16:15h)


 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 16 xogadores para o partido deste domingo ante o líder da categoría, o Racing de Santander (Barreiro, 16:15 horas).

 

A lista fórmana Rubén Blanco, Óscar Santiago, Pablo Pérez, Kevin, Pablo Crespo, Goldar, Soto, Antón, Maceira, Javi Rey, Yelko, Fernán, Añón, Thaylor, Juan Delgado e Borja Iglesias.

 

Marcos Torres e Borja Fernández son baixas por lesión. Aitor e Borja Domínguez son baixas por sanción.

 

Os abonados do RC Celta poden acceder aos partidos do Celta B en Barreiro presentando o seu carnet na entrada.

Leave a Reply

eight − 5 =