Toledo-Celta B: convocatoria

celta_b_pontevedra_j1_2b_barreiro_celebracion_2017_2018.jpg

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 27 de Segunda División B ante o Toledo (domingo, 12:00, Salto del Caballo).

A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis.

Solís e Alende son baixas por lesión. Brais foi convocado polo primeiro equipo. Iago e Alomerovic non entran na listaxe.