Toni Otero dirixirá ao Celta B ata final de tempada

toniotero-madroa.jpg

Substitúe a Javi López, a quen o club lle agradece a súa dedicación e desexa éxito no futuro

 

Toni Otero converteuse esta tarde en adestrador do Celta B en substitución de Javi López. O novo técnico do filial, director da canteira do Real Club Celta, dirixirá ao equipo ata final de tempada có obxectivo de impulsalo na táboa clasificatoria.

 

O Real Club Celta quere expresarlle o seu agradecemento ao ata agora técnico do filial, Javi López, pola súa entrega, dedicación e esforzo nos meses nos que estivo ao fronte do segundo equipo celeste e desexarlle un gran éxito nos retos deportivos que emprenda no futuro.

Leave a Reply

fourteen + 10 =