Traballado triunfo do filial ante o Pontevedra no inicio da 2ªB (2-1)

drazic_celta_b_pontevedra_segunda_b_2017_2018.jpg

 

O filial do RC Celta iniciou o seu camiño nunha nova campaña de Segunda B cun traballado triunfo ante o Pontevedra. Os celestes abriron a lata nada máis comezar o partido cun fermoso e acrobático gol de Dejan Drazic. A superioridade viguesa foi de máis a menos e o conxunto granate apertou sen tregua.

 

A dez minutos para o final a tensión era máxima. Brais Méndez acougou os nervios anotando o 2-0, pero pouco despois Añón recortou distancias e devolveu a taquicardia a este intenso derbi galego. O electrónico non se moveu máis. Primeira xornada na división de bronce, primeira vitoria de cor celeste.

 

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Sotres, Ros (Riki, min.78), Alende, Robert, Rai, Pampín, Juan Hez., Solís (Dani Molina, min.84), Drazic (Pastrana, min.70), Brais, Agus.

 

1-PONTEVEDRA: Edu, Goldar, Jimmy, Mongil, Bruno (Prosi, min.45), Kevin, Miguel, Álex Fernández, Echaniz, Carlos Ramos (Mouriño, min.61) y Jorge (Añón, min.45).

 

Goles: Drazic (1-0, min.2); Brais (2-0, min.81); Añón (2-1, min.88).

 

Árbitro: Ruiz Álvarez, do comité asturiano. Amonestou a Alende (Celta); Bruno (Pontevedra).

 

Campo: Barreiro.

 

Observaciones: antes do partido realizouse unha homenaxe ao afeccionado Pepín, recentemente falecido, coa presenza da súa familia no terreo de xogo.

Leave a Reply

2 × three =