Tres celestes nos oitavos do Mundial

O Mundial de Rusia terá a tres xogadores do RC Celta nos oitavos de final. Iago Aspas con España, Maxi Gómez con Uruguai e Pione Sisto con Dinamarca, superaron a fase de grupos e xa coñecen aos seus próximos rivais na carreira por levantar o título mundial.

Iago Aspas

O moañés converteuse o luns no primeiro canteirán celeste en marcar nun Mundial. Aspas accedeu ao terreo de xogo no minuto 74 do decisivo partido ante Marrocos e, co tempo regulamentario cumprido, marcou un belo tanto que supuxo o definitivo 2-2 e a clasificación de España a oitavos como primeira do seu grupo. España enfróntase á anfitrioa Rusia o domingo 1 de xullo ás 16:00 (Telecinco).

Maxi Gómez

O dianteiro por fin debutou na Copa do Mundo. O charrúa entrou por Cavani no tempo de desconto do choque ante Rusia, que se pechou cun 3-0 a favor da Selección Uruguaia. Clasificada primeira de grupo cun pleno de vitorias, Uruguai mídese en oitavos a Portugal o sábado 31 de xuño ás 20:00 (Telecinco).

Pione Sisto

Sisto aséntase na titularidade con Dinamarca. O celeste volveu xogar de inicio no choque sen goles ante Francia e permaneceu sobre o verde ata o minuto 59. O combinado danés enfróntase a Croacia nos oitavos de final, o domingo 1 de xullo ás 20:00 (Telecinco).