Triunfo celeste no XLI Trofeo San Roque

fotoceltab110816

 

O Celta B alzouse co XLI Trofeo San Roque ao derrotar pola mínima ao anfitrión, o Arousa SC. Os celestes anotaron o gol da vitoria, obra de Joao Camacho, no tempo engadido da segunda parte. O conxunto adestrado por Alejandro Menéndez continúa crecendo en xogo e sensacións e acumula un bo expediente nesta pretempada tras sete partidos con catro vitorias e dúas derrotas.

 

O filial céltico porá punto e final aos seus compromisos de preparación este sábado ás 10:30 horas na Madroa ante o Rápido de Bouzas.

 

Pretempada Celta B

Xoves 21/07: Mondariz v Celta B (1-2)

Domingo 24/07: Portonovo v Celta B (0-2)

Mércores 27/07: Estoril v Celta B (2-5)

Sábado 30/07: Celta B v Pontevedra (0-4)

Mércores 03/08: Boavista v Celta B (2-0)

Sábado 06/08: Céltiga v Celta B (1-2)

Mércores 10/08: Arosa v Celta B (0-1)

Sábado 13/08: Celta B v R. Bouzas (10:30, A Madroa)

 

Leave a Reply

one + 10 =