Tucu alcanzou os 100 partidos de Liga no Camp Nou

Coa súa participación no empate do Celta no Camp Nou, Pablo ‘Tucu’ Hernández alcanza o seu partido número 100 en Primeira División, todos eles vestindo a camiseta celeste. O internacional chileno chegou a Vigo no verán de 2014 e, desde entón, non deixou de crecer, converténdose nun referente para o equipo e a afección.

Neste centenar de encontros ligueiros, o Tucu asinou 7 goles e 5 asistencias. Se engadimos as súas participacións co Celta en Copa do Rei e Europa League, as cifras do mediocampista ascenden a 131 partidos, 9 goles e 8 asistencias.