Tucu Hernández entra no once ideal da xornada 27

O golazo de Pablo ‘Tucu’ Hernández ante a UD Las Palmas, co que o Celta culminou a remontada, valeulle para entrar no once ideal de LaLiga Fantasy. O internacional chileno foi titular no choque ante o cadro canario e, sobre a bucina, anotou un tanto que deu tres valiosos puntos aos celestes.