UD Almería, primeiro rival na Copa do Rei

copa celta-almeria

Os vigueses enfreontaranse á UD Almería nos dezaseisavos de final

 

Esta mañá a RFEF sorteou os emparellamentos para os dezaseisavos de final da Copa do Rei. O Real Club Celta enfrontarase nesta rolda á UD Almería, un dos equipos punteiros da Segunda División e que, en palabras do adestrador Paco Herrera, dispón de “moi bos xogadores e un gran adestrador. Será un partido difícil”. O partido de ida disputarase o 31 de outubro (20:00 horas), no Estadio dos Xogos Mediterráneos, mentres que o enfrontamento de volta terá lugar o 28 de novembro, no Estadio de Balaídos.

Leave a Reply

nine + seventeen =