UD Sanse-Celta B: listaxe de convocados

celta_b_pontevedra_j1_2b_barreiro_celebracion_2017_2018.jpg

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 19 xogadores para o partido da xornada 29 de Segunda División B ante a UD Sanse (domingo, 12:00, Nueva Matapiñonera).

A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Alomerovic, Riki, Iago, Rai, Serrano, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Franco Lobos, Drazic e Dennis.

Solís e Alende son baixas por lesión e Dani Molina e Juan Hernández por sanción. Brais foi convocado polo primeiro equipo.