Últimos compromisos de pretempada para o Celta B

escudo_grande.jpg

Este mércores mídense ao Choco en Redondela e o sábado ao Racing de Ferrol en Cedeira

 

O filial celeste disputará esta semana os seus dous últimos encontros preparatorios nesta pretemporada. Este mércores os canteiráns xogarán en Redondela ante o CD Choco, ás 20:45 horas, e o sábado mediranse a un dos seus rivais no Grupo 1 da 2ª B, o Racing de Ferrol. O conxunto adestrado por Fredi Álvarez enfrontarase ao equipo departamental o sábado ás 18h en Cedeira, no Campo do Beco, con motivo do Memorial Miguel López Pérez.

 

O Celta B arrincará a súa participación na Segunda División B o fin de semana do 24 de agosto no campo do CD Lealdade (Asturias).

 

13/08/14 – CD Choco-Celta B (20:45h, Redondela)

 

16/08/14 – Racing de Ferrol-Celta B (18h, Cedeira)

Leave a Reply

11 + 5 =