Hemeroteca celtismo

Últimos días para aproveitar as condicións especiais da Campaña Anual de Abonados

RC Celta

anual2015max.jpg

O carné con descontos e sen ‘Días do Club’ pode tramitarse ata o 31 de decembro

 

ABONOS ONLINE: www.celtavigo.org/abonosCelta

CONTACTO ABONADOS: 986.21.32.30 / [email protected]


 

Este mércores 31 de decembro finaliza o prazo para beneficiarse das condicións especiais da Campaña Anual de Abonados, as mesmas que se ofreceron durante a campaña estival. As renovacións realizadas até a devandita data gozan dun desconto do 5% sobre o custo do abono, acumulable ao desconto de accionista ou familiar até un máximo do 15%. Ademais, tanto renovacións como altas tramitadas antes de Ano Novo quedan exentas de pagar suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.

A partir do 1 de xaneiro as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os ‘Días do Club’ e os prezos que se aplicarán serán os propios da Campaña Anual 2015.

A oficina de abonados abre este martes de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que o mércores só o fará en horario de mañá. A plataforma online ofrece a posibilidade de xestionar o carné de abonado dunha maneira cómoda e sinxela as 24 horas do día: www.celtavigo.org/abonosCelta

 

anual2015.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas