Un arranque desafortunado condena ao Celta B

borjafdez-celtabarandina

O Celta B caeu derrotado no campo do CD Lealtad, onde o conxunto asturiano mantense invicto. Un arranque desafortunado, cun gol en propia de Goldar, complicou o partido aos celestes desde o principio. Os canteiráns reaccionaron e puideron conseguir o empate en varias ocasións, pero o porteiro do Lealtad mostrouse inexpugnable.

 

Tras a continuación os locais anotaron o definitivo 2-0 e aínda que os futbolistas célticos non cejaron no seu empeño por reverter o resultado ata o minuto final, o marcador non se moveu. A próxima xornada o Celta B recibe ao Sporting B ás 12:00h en Barreiro.

 

FICHA TÉCNICA

2-CD Lealtad: Javi Porrón, Keko, Álex Blanco, Omar Hernández, Dani Torres (Lobato, m. 61), Mendi, Álex González (Robert, m. 75), Muñiz, Javi Camochu, Pablo Espina e Pedro Beda (Jorge Fernández, m. 62).

0-Celta B: Iván Villar, Kevin, Lucas Olaza, Alende (Alende, m. 69), De Amo, Goldar, Borja Fernández, Luis Rioja, Pape Cheikh (Guille Andrés, m. 64), Franco Fragapane e Borja Iglesias.

Goles: 1-0, Goldar (min.3, en propia puerta); 2-0, Pablo Espina (min.68).

Árbitro: González Esteban. Amonestou por parte del Lealtad a Omar Hernández e Mendi. Por parte do Celta B a De Amo e Borja Fernández.

Campo: Las Callejas.

Leave a Reply

eighteen + five =