Un bo Celta cae de xeito inxusto ante o Sevilla (2-1)







Non tivo acerto nin fortuna o Celta en Sevilla, onde caeu pola mínima tras un bo partido e un gran número de claras ocasións erradas. Os celestes mereceron moito máis no Sánchez-Pizjuán.

Tras un comezo con certa timidez, o Celta asentouse con autoridade no céspede e combinou con comodidade para dominar ao Sevilla., Aos 13 minutos, falta lateral que executa Sisto e espectacular cabezazo de Maxi Gómez para abrir o marcador. Gran gol para premiar o xogo celeste nesa fase do choque.

O ariete celeste puido anotar o segundo aos 22 minutos tras un gran centro de Wass, pero o seu cabezazo en plancha, só, saíu desviado. Pouco despois, gol anulado a Sisto tras unha magistral xogada ensaiada por unha presunta man do celeste.

Aos 36 minutos, o Sevilla empató a balón parado, nunha dubidosa falta lateral de Jonny, cun cabezazo de Muriel. O descanso chegou coas táboas no marcador.

Trala reanudación, Nolito, de cabeza, adiantou aos locais aos tres minutos. Varapalo para o celta que xusto antes dispuxo dunha gran ocasión para marcar. Maxi Gómez volveu rematar desviado ante o porteiro aos 7 minutos tras unha gran xogada combinativa dos vigueses.

Tucu tampouco acertou na área pequena tras un bo pouse de Wass. Divos extraordinarias ocasións desperdiciadas para o máis que merecido empate. Os celestes, que dominaban e xeraban ocasións, pediron penalti por unha man no área, pero a xogada saldouse con tarxeta a Iago por protestar. A falta dun cuarto de hora, Maxi non acertou ante o porteiro noutra ocasión clamorosa para os vigueses.

O Celta envorcouse no tramo final e acumulou chegadas, pero non concretou.

FICHA TÉCNICA

2-Sevilla CF: Soria, Corchia (Kjaer, min.75), Geis, Lenglet, Escudero, Pizarro, N’Zonzi, Sarabia, Vázquez (Banega, min.64), Nolito (Krohn-Dehli, min.84) e Muriel.

1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral (Brais, min.78), Jonny, Lobotka (Radoja, min.69), Tucu Hernández, Wass, Iago Aspas, Sisto (Guidetti, min.78) e Maxi Gómez.

Goles: 0-1, min.13; Maxi Gómez; 1-1, min.36: Muriel; 2-1, min.49: Nolito.

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Corchia, Iago Aspas.

Campo: Sácnhez-Pizjuán.