Primeiro Equipo

Un bo Celta non pode co Barcelona

RC Celta

barcelona-celta 3-1

Os celestes estiveron no partido até o terceiro tanto local, en claro fóra de xogo

 

 

Bo partido do Celta, valente, ousado e con ocasións, ante o Barcelona, que derrotou aos celestes por tres goles a un. O equipo vigués estivo no partido, con serias opcións, ata que o cadro local anotou o seu terceiro tanto en clamoroso fóra de xogo. Mario Bermejo foi o autor do tanto celeste.

 

 

O Celta plantouse no Camp Nou con valentía, coa intención de ser fiel ao seu estilo e nos primeiros minutos defendeu con tranquilidade e saíu con criterio e velocidade en ataque. O Barcelona só podía tentalo de lonxe, como ocorreu cun disparo de Iniesta aos 10 minutos que saíu elevado.

 

 

Iago Aspas a punto estivo de marcar pouco despois tras un veloz contragolpe. A rosca do moañés desde a interior da área saíu moi preto da portaría de Valdés. Boa ocasión para un Celta que apenas dispuña de posesión, pero que até ese momento freaba con solvencia ao seu rival e lograba ademais saír con claridade cando roubaba.

 

 

Aos 15 minutos, Iago non chegou por pouco a un bo envío desde a dereita. Javi Varas despexou un remate de Messi e a continuación Augusto deixou só a Iago Aspas diante de Valdés na ocasión máis clara do partido. O remate do canterazo acabou no corpo do porteiro, unha pena porque os celestes estaban a xogar francamente ben e xusto despois Adriano aproveitou un centro desde a banda dereita para marcar na área pequena.

 

 

A resposta celeste foi exemplar. Contra xenial, pase enorme de Krohn-Dehli a Álex López, cuxo remate despexou Valdés, pero Mario Bermejo chegou con fe para marcar. Estratosférica xogada celeste. A alegría durou pouco. Aos 26 minutos, gran xogada do Barcelona, con pase de Iniesta cara atrás e remate fácil de Vila.

 

 

Aos 36 minutos, os celestes tocaron con paciencia e elaboraron unha boa xogade que acabou cun bo remate de Álex López que repeleu un defensor. Até o descanso, unha boa ocasión de Messi e varias chegadas dun Celta que estaba a dar unha gran imaxe no Camp Nou e ben podía levar un resultado máis favorable.

 

 

Tras a continuación, gran ocasión para Iago Aspas, cuxo enviou, con pouco ángulo, rozou o pau dereito de Valdés. Habáin pasado uns poucos segundos e o Celta dispuxera dunha gran oportunidade.

 

 

O partido estaba moi igualado, sen demasiadas ocasións. Aos 11 minutos Valdés atrapou un remate de falta de Iago Aspas na segunda oportunidade da segunda metade. E ambas foran celestes.

 

 

O Barcelona marcou o terceiro nun clamoroso fóra de lume. Clarísima a posición incorrecta de Jordi Alba, quen encarou a Javi Varas e anotou. O tanto ilegal rompeu un partido no que o Celta estaba moi metido até ese momento, con opcións de lograr algo positivo.

 

 

Os célticos mantiveron a calma e nos seguintes minutos non pasaron apuros atrás e gozaron dalgunha boa chegada, como unha de Roberto Lago aos 25 minutos que acabou cun bo centro ao que non chegou De Lucas. O Celta dominaba o partido, tiña a posesión e gozaba de ocasións ante un Barça que contragolpeaba sen demasiada claridade.

 

 

Roberto Lago lanzou alto aos 35 minutos tras outra gran combinación ofensiva dun Celta que seguía buscando unha remontada imposible.

 

 

Bo partido do Celta, con xogadas de mérito e boas ocasións para marcar, pero prexudicado por un erro do xuíz de liña no terceiro tanto local que matou o encontro.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

3-F.C. Barcelona: Valdés, Adriano (Alves, min.38), Busquets, Mascherano, Jordi Alba, Xavi, Iniesta, Cesc Fábregas (Bartra, min.46), Pedro, Messi e Vila (Alexis, min.77)

 

 

1-R.C.Celta: Javi Varas, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Álex López (Park, min.80), Augusto (Toni, min.87), Mario Bermejo (De Lucas, min.66), Krohn-Dehli e Iago Aspas

 

 

Goles: 1-0, min.20: Adriano; 1-1, min.24: Mario Bermejo; 2-1, min.26: Vila; 3-1, min.60: Jordi Alba

 

 

Árbitro: Fernández Borbalán. Amonestou a Bartra, Iago Aspas e Oubiña

 

 

Campo: Camp Nou (uns 83.000 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas