Un bo RC Celta B leva os tres puntos ante o filial do Oviedo (3-1)

O RC Celta B impúxose este domingo ao filial do Real Oviedo (3-1) e certificou a súa segunda vitoria consecutiva en Barreiro. Os de Jacobo Montes foron superiores ao conxunto asturiano de principio a fin e certificaron o triunfo grazas aos goles de Sergio Bermejo e Manolito Apeh por partida dobre.

FICHA TÉCNICA

3 – RC Celta B: Vieites, Carreira, Farrando, Ros, Fontán, Moha, Molina, Solís, Jacobo, Bermejo e Manolito Apeh. Tamén xogaron Manny, Yeboah e Dani Vega.

1 – R. Oviedo B: Jaume Valens, Jorge Mier, Jose Martínez, Ugarte, Tarsi, Alarcón, Steven, Riki, Pierre, Robert Sierra e Vanderson. Tamén xogaron Javi Mier e Javi Cueto

Goles: 1-0, Sergio Bermejo, min 18; 1-1 Augado, min 48; 2-1 Apeh, min 74; 3.1 Apeh, min 78