Un bo RC Celta B queda sen premio en Burgos (2-1)

O RC Celta B caeu este domingo en Burgos (2-1) e deberá certificar a permanencia na última xornada. Os de Rubén Albés estiveron dous goles por baixo no marcador transcorrida a media hora de xogo pero grazas ao seu bo fútbol e a súa coraxe a punto estiveron de conseguir puntuar en terras burgalesas.

FICHA TÉCNICA

2 – Burgos CF: Mikel Saizar; Andrés, Borda, Undabarrena, Kevin; Jagoba, Adrián Cruz, Chevi (Madrazo, min. 77); Fer Ruiz, Diego Cervero (Máyor, min. 84), Borja Sánchez (Jaso, min. 90).

1 – RC Celta B: Iván; Riki (Sergio, min. 46), Alende, Manu, Rai (Molina, min. 73); Pampín, Bermejo, Álex; Apeh, Salvador, Solís (Pastrana, min. 63)

Goles: 1-0, Undabarrena (min. 14); 2-0, Chevi (min. 28); 2-1, Alende (min. 75).

Árbitro: Diego Valdés Díaz, do comité asturiano. Amoestou a Borda, Adrián Cruz, Chevi, Fer Ruiz, Undabarrena e a Cervero (vermella por dúas amarelas) polo Burgos CF e a Alende por parte do RC Celta B

Campo: O Plantío