Un bo RC Celta imponse ante o Lille (1-0)

O RC Celta impúxose este sábado ante o Lille (1-0) nun encontro de pretemporada disputado no campo da Lomba, en Vilagarcía. Os de Fran Escribá levaron o peso do partido durante moitos minutos e venceron ao conxunto francés, subcampión da pasada Ligue1, grazas a un solitario gol de Pione Sisto.

Ficha técnica

1- RC CELTA: Sergio (Villar 45′); Kevin (Carreira 80′), Costas, Sáenz (Roncaglia 80′), Olaza (Juncà 65′); Brais (Bermejo 80′), Lobotka (Dani Molina 80′), Jozabed (Beltrán 65′), Denis Suárez (Sisto 65′); Aspas (Losada 80′), Lautaro

0- LILLE; Maignan; Çelik, Fonte, Soumaoro, Bradaric (Mandava, 76); Weah, André, Maia, Araujo, Bamba (Ouattara 62′) y Rémy (Ikoné 62′).

Goles: 1-0 Pione Sisto, min 72

Campo: A Lomba